miércoles, 9 de marzo de 2016

Instalación artística para Maruja Mallo. Día internacional da muller , 8 DE MARZO

Este 8 de marzo os alumn@s de 3º ESO C en Educación Plástica decidimos resucitar á marabillosa Maruja Mallo, muller, artista e galega .



VÍDEO HOLOGRAMA, instalación artística para Maruja Mallo. from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.



"Es as veas do río e o seu o asombro reflectido das pólas que demoucas. Es o verde que procura a túa auga para nacer. Es o óleo de sangue callado na cunca das mans, en liñas humildes que marcan o destino do noso alimento. Es a mañá eterna en que te ergues e o labirinto poboado de bestas antigas en que procuras o camiño á escola. 
Es o liño en que mallas. Es a cor da derrota. Es a rede en que es presa. Es a la que te ispe. Es o insecto que tornas. Es a cova en que te agochas. E es a orixe do riso, a lingua que di os contos, a discreción do pranto, a dignidade na sombra. O tronco de todos os carballos. Os ósos. O van. Es unha muller. Es eu. Es nós." TEXTO -Iria Collazo

jueves, 25 de febrero de 2016

NON SOMOS INVISIBLES


Grazas a unha proposta de Ana Moreiras, leamos a manta á cabeza e decidimos empezar este proxecto .
A nosa primeira meta é como sempre comunicar, comunicar mediante a animación ,  pero para iso os meus alumn@s necesitaban documentación , empezamos a informarnos  sobre a endometriose , unha gran descoñecida para moitos de nós, con todo unha enfermidade que afecta a moitísimas mulleres , preto do 10 ao 15% da poboación feminina que estea diagnosticada, tendo en conta que  tarda anos en ser  diagnosticada, é unha enfermidade  sobre a que apenas se investiga , ignorada , invisibilizada , unha enfermidade que  só afecta as mulleres .VER ENLACE

domingo, 29 de noviembre de 2015

25 de novembro. Non morreron. Foron asasinadas por seren mulleres.



Mergullémonos nun remuíño violeta para acabar co terrorismo machista. Porque queremos mulleres libres, persoas libres. Porque nos queremos vivas.
Traballo tutoría 4º ESO-A-B-C-D