sábado, 25 de junio de 2016

CICATRICES







Experiencia educativa na que o alumnado utiliza os recursos da linguaxe cinematográfica en Educación Plástica e Visual, posibilitando así que abran vías de experimentación , buscando novas formas de expresión e creación a través das novas tecnoloxías . Colaborando como sempre con outros departamentos,desde unha didáctica interdisciplinar, transversal e fomentando a educación en valores. ​ O alumnado aprende a realizar un guión cinematográfico, estuda a linguaxe audiovisual, coñece os seus códigos, planifica (story board), ten que rodar, actuar, editar e realizar animacións. Con todos estes coñecementos serán capaces de expresarse, de plasmar aquilo que senten ou queiran transmitir sen ningún impedimento. Traballando por grupos , asumiron o papel de director, cámaras, editaron o son, foron actores, maquillaron, buscaron o vestiario e os escenarios, eles son os protagonistas en todas e cada unha das fases do proxecto, na preprodución, produción e postprodución. Trátase de que o alumnado se poida equivocar , que aprendan do erro , queremos que se expresen con liberdade, sen medos, que gañen confianza en si mesmos, que sexan creativos . ​ É un proxecto educativo no que todo o alumnado asume responsabilidades, todos teñen un papel dentro do plan da rodaxe, son como o mecanismo interior dun reloxo mecánico, se unha peza falla, o reloxo detense. Estando en proceso de auto avaliación constante , puxemos en común cada unha das curtas en distintos momentos do 2º trimestre, corrixindo e volvendo a repetir se era necesario escenas , todos opinamos e valoramos, alumnado e profesora, asumindo sempre o papel de guía en todo este proceso , dando información , aconsellando ou facilitando recursos . Ver ENLACE

No hay comentarios:

Publicar un comentario