martes, 28 de junio de 2016

Micromachismos cotidianos



Curta denuncia realizada polo alumnado de  4º de ESO de Educación Plástica   as Barxas, sobre os micromachismos cotiáns.

lunes, 27 de junio de 2016

A MULLER LAMPREA VI : ARIADNA quere ser TESEO

 Curta realizada polo alumnado de  4º de ESO C de Educación Plástica   sobre a diversidade sexual e a identidade de xénero .


Actividades realizadas polo alumnado. Exemplos de traballo de aula.

VIOLENCIA DE XÉNERO EN ESPAÑA 2016

Exercicio de xeolocalización, realizado polo alumnado de INFORMÁTICA de 4º ESO do IES AS BARXAS, que pretende denunciar a violencia de xénero contra a muller.

E a continuación dun traballo realizado polo alumnado de TIC, para o ano 2015, no que foron 57 as mulleres asesinadas; pero a pesar das diferentes actuacións da administración, vemos que o problema non se soluciona, xa que na primeira mitade de 2016 a cifra de mortas ascende a 23.

NOVAMENTE RECLAMAMOS TRATAR DE FORMA PRIORITARIA ESTE PROBLEMA EN EDUCACIÓN, XA QUE SE TRATA DUN GRAVÍSIMO PROBLEMA SOCIAL.

VIOLENCIA DE XÉNERO EN ESPAÑA 2015

Exercicio de xeolocalización, realizado polo alumnado de TIC de 1º bach. do IES AS BARXAS, que pretende denunciar a violencia de xénero, a manifestación máis brutal das desigualdades entre homes e mulleres. Hai que lembrar que esta violencia exércese contra as mulleres polo simple feito de selo.

Este mapa recolle as 57 mulleres que oficialmente resultaron asesinadas en 2015, @s fill@s asesinad@s nas mesmas circunstancias e os casos que ainda se están investigando. 

Na actividade os rapaces elaboraron unha esquela (co GIMP) por cada muller morta e a subiron a soundcloud xunto cun grito (gravado cos móbiles) que pretendía reflexar a angustia desa persoa ameazada e maltratada por esa persoa que un día lle prometera "amor eterno".

Defendemos que debe ser un tema tratado de maneira prioritaria en educación, xa que a violencia non é innata, senón froito dunha relación aprendida. Non é un problema personal, senón social, e todos temos responsabilidade neste asunto. 

sábado, 25 de junio de 2016

CICATRICES







Experiencia educativa na que o alumnado utiliza os recursos da linguaxe cinematográfica en Educación Plástica e Visual, posibilitando así que abran vías de experimentación , buscando novas formas de expresión e creación a través das novas tecnoloxías . Colaborando como sempre con outros departamentos,desde unha didáctica interdisciplinar, transversal e fomentando a educación en valores. ​ O alumnado aprende a realizar un guión cinematográfico, estuda a linguaxe audiovisual, coñece os seus códigos, planifica (story board), ten que rodar, actuar, editar e realizar animacións. Con todos estes coñecementos serán capaces de expresarse, de plasmar aquilo que senten ou queiran transmitir sen ningún impedimento. Traballando por grupos , asumiron o papel de director, cámaras, editaron o son, foron actores, maquillaron, buscaron o vestiario e os escenarios, eles son os protagonistas en todas e cada unha das fases do proxecto, na preprodución, produción e postprodución. Trátase de que o alumnado se poida equivocar , que aprendan do erro , queremos que se expresen con liberdade, sen medos, que gañen confianza en si mesmos, que sexan creativos . ​ É un proxecto educativo no que todo o alumnado asume responsabilidades, todos teñen un papel dentro do plan da rodaxe, son como o mecanismo interior dun reloxo mecánico, se unha peza falla, o reloxo detense. Estando en proceso de auto avaliación constante , puxemos en común cada unha das curtas en distintos momentos do 2º trimestre, corrixindo e volvendo a repetir se era necesario escenas , todos opinamos e valoramos, alumnado e profesora, asumindo sempre o papel de guía en todo este proceso , dando información , aconsellando ou facilitando recursos . Ver ENLACE

NO AL MALTRATO



Déixovos   esta entrada con dous exemplos de animacións realizadas este curso polo  alumnado de 3º ESO e 4º ESO coa técnica da rotoscopia.
A rotoscopia  consiste en debuxar os fotogramas uno a un a partir dun vídeo orixinal .
O proceso para realizala comeza coa gravación do vídeo  do que queremos animar.
Despois de gravar o vídeo procederemos á fragmentación deste en imaxes , para que o movemento sexa natural o ideal é  capturar 24 imaxes por cada segundo de animación , aínda que con 9 nós conseguimos un mínimo movemento.
Ao terminar de capturar  as imaxes  ou exportalas co imovie  imprimímolas , os meus  alumnos e alumnas realizaron a animación a man  debuxando un a un cada frame en papel vexetal .
Coas novas imaxes ( escaneadas ou fotografadas unha a unha co móbil, tablet ou unha cámara )   creamos a animación , podes realizala co  mesmo software  que utilizas para realizar  un stop motion , desde  o monkey jam  para windows ou o frame , o propio imovie para mac  ou movie maker para windows.
  1. http://monkeyjam.org 
  2. http://ticklypictures.com/ - /projects/0
  3. https://launchpad.net/luciole
  4. CITOPLASMAS, páxina  animación :  http://www.citoplasmas.com/blog/2010/09/28/stop-motion-software/
  5. Co movie maker , páxina COMPUTER HOY : http://computerhoy.com/paso-a-paso/software/crea-video-stop-motion-sencillo-movie-maker-4840
  6. FRAME by FRAME como facer unha rotoscopia : http://framebyframe.hol.es/tradicionais/rotoscopia.html

Animación de 3º ESO A-B IES as Barxas , canción "No al maltrato " -La Ziega

 "MAKING OF"

 


Decorando o centro cos FRAMES